“Les missions populaires dans le royaume de Galice (1550-1700)”
Autores: Fernández Cortizo, Camilo
Ano: 2007
in Fabre, J.P. & Vincent, B. (Eds.), Missions religeuses modernes. "Notre lieu est le monde", Roma, École française de Rome, pp. 315-339.
Palabra clave: misións populares, ordes regulares, Galicia, 1550-1700
En Galicia, as misións populares, as primeiras das cales son realizadas polos xesuítas na década de 1560, convertéronse entre 1560 e 1700 nun medio de apostolado regular tanto nas cidades coma no mundo rural. Ao longo deste período avánzase no proceso de fixación e de codificación dos seus exercicios (sermóns, catequeses, confesión e comuñón xerais), cuxa análise se completa no presente traballo de investigación co dos medios de acción (efectos teatrais, artes visuais, cánticos, procesións públicas, etc. ) e o dos froitos das misións.