Ir ao contido principal

Publicacións

“Los arzobispos de Santiago y la Capilla Real. Conflictos de competencias en torno al título de capellán mayor”

Autores: Suárez Golán, Fernando

Ano: 2012

in Pérez Álvarez, Mª J. et al. (Ed.), Campo y campesinos en la España Moderna. Culturas políticas en el mundo hispano, León, Fundación Española de Historia Moderna, pp. 2059-2070.

Palabra clave: arcebispo de Santiago; capela real; conflitos; competencias; época moderna.

URL: http://digital.csic.es/handle/10261/73286

Arquivo

Desde o século XII, segundo un privilexio real de Alfonso VII, o oficio de capelán maior da capela real estaba unido ao titular da Mitra compostelá, polo menos de forma nominal e honorífica, pois na práctica non foron moitos os que chegaron a exercer de tales, despois de Trento, dada a obrigada residencia e a distancia que separaba Santiago de Compostela da corte. No entanto, nalgúns períodos en que os arcebispos de Santiago residiron na corte durante os séculos XVII e XVIII expresaron a súa reivindicación como capeláns maiores, o que deu lugar a algúns problemas de convivencia cos esmoleiros maiores que desde finais do século XVI actuaban como xefes da capela. Esta comunicación ten como obxectivo estudar os conflitos de competencias que xurdiron entre os arcebispos de Santiago e outros oficios ou dignidades (esmoleiros maiores, patriarcas de Indias, arcebispos de Toledo, etc.) en relación coa capela real e a xurisdición como prelado ordinario da corte, así como a análise da participación dos arcebispos nas cerimonias da monarquía e os servizos relixiosos de palacio.