“Los ‘otros gallegos’ en Portugal: exiliados realistas y conjuras absolutistas durante el trienio constitucional (1820-1823)”
Autores: Fernández Cortizo, Camilo
Ano: 2010
in Hernández Borge, J.& González Lopo, D. L. (Coords.), Exilios en la Europa mediterránea. Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, pp. 89-106.
Palabra clave: exilio político, realistas, Trienio Constitucional (1820-1823), Xunta Apostólica de Tui, conspiración
A investigación sobre a emigración galega ao norte de Portugal, ademais de experimentar unha revitalización en tempos recentes, viña centrándose case exclusivamente na emigración laboral, de forma que o exilio político de realistas e liberais e, con posterioridade, de progresistas durante a primeira metade do século XIX só foi estudada de forma secundaria e puntual. A historiografía galega tampouco lle dedicou especial atención a estes fluxos transfronteirizos, a pesar de que nese período estaban en auxe. Un deses momentos de fuxida coincide co Trienio constitucional (1820-1823). O triunfo dos liberais encamiñou nestes anos a realistas ao veciño reino, desde onde fustrigabann ao exército español. Neste labor de fustrigación sobresae a Xunta Apostólica de Tui, formada por personaxes relevantes da cidade e a súa comarca, que desde territorio portugués organizaban plans de subversión e facían incursións armadas (decembro de 1820, maio e novembro de 1822), aínda que sen éxito. A sorte militar cambia radicalmente desde maio de 1823, cando ao avanzar as tropas dos Cen Mil Fillos de San Luís cara a Galicia e ao reporse como rei absolutista en Portugal a D. Miguel, se somen a outras forzas absolutistas en xullo deste ano na conquista sucesivamente de Salvaterra, de Tui, etc.