“Modernity without Modernization : The Evolution of Domestic Service in North-West Spain, 1752-1900”
Autores: Dubert, Isidro
Ano: 2006
Gender & History, 18, 2, pp. 199-211
Palabra clave: servizo doméstico, mercado de traballo urbano, modernización, urbanización, século XIX
Entre mediados do século XVIII e o primeiro cuarto do século XX, o servizo doméstico español experimentou tanto unha paulatina redución dos seus efectivos como unha progresiva *feminización e envellecemento dos mesmos. Este tres fenómenos foron comúns nas distintas áreas rexionais que formaban parte da península Ibérica, a pesar de que as razóns que os explican varíen moito dunha a outra zona en función do seu desigual grao de desenvolvemento económicosocial ou do seu nivel de urbanización. Hai pois que analizar as súas causas atendendo ás particularidades locais imperantes en cada territorio hispano. O ocorrido en Galicia así o aconsella. Doutra banda, este tres fenómenos contribuíron a dar vida en España a un colectivo de mulleres caracterizado pola súa orixe humilde e a súa crónica debilidade socioeconómica. Isto, unido á natureza das relacións laborais que mantiñan coas familias e amos aos que servían, profundamente impregnadas de paternalismo e patriarcalismo, explícanos a aparición máis aló de 1900 de iniciativas lexislativas e discursos político-morais referidos a elas do máis diverso signo e variados obxectivos.