“Mujeres y militares en Galicia durante la primera mitad del siglo XVII”
Autores: Saavedra Vázquez, María del Carmen
Ano: 2008
Sémata. Ciencias Sociais e Humanidades, 20, pp. 219-242.
Palabra clave: mulleres, militares, dotes, Galicia, século XVII
Este artigo pretende analizar a situación das mulleres dependentes dos militares establecidos nos presidios galegos. Para iso utilízanse fundamentalmente fontes locais (libros parroquiais, protocolos notariais, actas municipais) que proporcionan información sobre as orixes, ocupacións, niveis económicos e capacidade de actuación destas mulleres. Aínda que tales datos ofrecen unha imaxe incompleta do colectivo, son suficientes para subliñar as súas características xerais e permiten referirse a cuestións como a endogamia profesional ou os maiores niveis de autonomía das mulleres de militares, que se configuran como elementos distintos do colectivo.