“Sociabilidad campesina en la Galicia del Antiguo Régimen”
Autores: Sobrado Correa, Hortensio
Ano: 2014
in Lobo de Araújo, M. et alii (Ed.), Sociabilidades na vida e na morte (séculos XVI-XVII), Braga, CITCEM.
Palabra clave: Sociabilidade campesiña, cultura popular, Galicia, Idade Moderna

Na Galicia do Antigo Réxime pervivía unha sociabilidade campesiña multiforme, na que descansaban moitas dos costumes e tradicións populares que mantiñan a esencia e as singularidades da cultura popular. No transcurso dos séculos XVI-XIX dita sociabilidade chocou cos recorrentes intentos de mediatización institucional, dos poderes político e relixioso, logrando manter case incólumes as peculiaridades da súa vida festiva e cultural, moitas delas cargadas dun acentuado carácter lúdico e profano, á marxe do discurso relixioso, ou das imposicións das autoridades civís.
Conscientes do importante impacto que ditas permanencias tiveron na evolución da cultura popular, e polo tanto da propia idiosincrasia da sociedade rural galega, o obxectivo deste traballo é reflexionar ao redor da materialización, periodización, intensidade e condicionantes da devandita resistencia popular, apoiándonos nunha variada tipoloxía de fontes documentais da época (libros de fábrica, visitas pastorais, constitucións sinodais, protocolos notariais, fontes xudiciais, cédulas, provisións, ordes e reais decretos, etc.).