Ir ao contido principal

Publicacións

“Vejez, subsistencia y asistencia familiar en dos comarcas gallegas de montaña (Tierra de Montes y Tierra de Trives) a finales del Antiguo Régimen”

Autores: Fernández Cortizo, Camilo

Ano: 2008

in García Hurtado, M.R. (Ed.), Modernitas. Estudios en Homenaje al Profesor Baudilio Barreiro Mallón, A Coruña, Universidade da Coruña, pp. 231-258.

Palabra clave: envellecemento, feminización, Galicia, 1752-1860, recursos de subsistencia, estratexias de asistencia

Arquivo

O interese pola historia da vellez na Galicia da época moderna é recente. De feito, só a partir do ano 2006 se inaugura unha nova etapa coa publicación de estudos específicos sobre esta temática, que coincidían na súa cronoloxía tardía -sempre a partir de mediados do século XVIII-, pero disentían na escala espacial; nuns casos era rexional, noutros, comarcal como no presente estudo centrado en dúas xurisdicións de montaña (Terra de Montes e Terra de Trives). Nas súas páxinas analízase o proceso de envellecemento e de feminización da súa poboación a finais do Antigo Réxime como paso previo á reconstrución histórica do papel familiar e comunitario dos maiores de 60 anos, dos seus recursos económicos, das súas disposicións hereditarias e, finalmente, das estratexias de asistencia na vellez.

Máis publicacións de: