“«Y sometieron a los pueblos indios que había allí». Competencia narrativa de estudiantes de bachillerato sobre la Historia de los Estados Unidos”
Autores: Prego González, Santiago & Armas, Xosé
Ano: 2013
in Pagés, J. et al- (Ed.), Una mirada al pasado y un proyecto de futuro. Investigación e innovación en didáctica de las ciencias sociales, Barcelona, Universidad Autónoma, pp. 727-735.
Palabra clave: narrativas históricas, representacións sociais, estudantes de bacharelato, historia de Estados Unidos
Un avance dos primeiros resultados dunha investigación aínda en curso nos que se pretende identificar as representacións de estudantes de bacharelato sobre o papel dos Estados Unidos na historia contemporánea. Un traballo que participa de dúas liñas de investigación: as representacións sociais e as narrativas históricas, e que parte dunha análise das narrativas dos estudantes sobre a preexistencia das tribos indias, a formación dos Estados Unidos, o seu papel nos conflitos internacionais e o carácter imperialista da súa política exterior.