Ir ao contido principal

Relatorio de Ofelia Rey Castelao no Instituto Universitario de Lisboa

Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia e membro do GIHM, vai participar no ciclo de conferencias Novas Perspectivas em História Moderna. Esta iniciativa, coordinada por José Vicente Serrão, inscribese no marco dos seminarios do Departamento de História do ISCTE e Grupo Hist. Moderna e Contemporânea do CIES-iscte. A especialista da USC falará sobre o xénero e as migracións na Idade Moderna o día 28 de outubro de 2021, ás 18 horas (hora portuguesa). 

O programa completo do ciclo, que se pode seguir de xeito telemático, pódese consultar no seguinte enderezo: https://nphm.wordpress.com/seminarios/

Enlace de acceso ao relatorio: https://videoconf-colibri.zoom.us/j/281015937#success