Retomanse os seminarios internacionais de “Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII”

Retómanse os seminarios internacionais organizados polo mestrado de Historia Moderna “Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII”, da USC, UC e UAM. O vindeiro día 3 de decembro de 2021 intervirá a doutora Ana Isabel López-Salazar Codes (Universidad Complutense de Madrid) e o doutor Fernando Plata Parga (Colgate University, EE.UU.). A primeira especialista debaterá sobre as relacións entre as institucións e as elites eclesiásticas no Portugal moderno, mentres que o segundo analizará o coñecido memorial Católica, Sacra e Real Maxestade de Quevedo. Estes encontros, de gran interese para toda a comunidade universitaria, buscan afondar en aspectos históricos variados cunha perspectiva interdisciplinaria.