Roberto López participará no simposio internacional “Relixión, estranxeiros e identidade europea no mundo hispano (séculos XVII-XXI)”

Roberto J. López López, profesor de Historia e membro do Grupo de Investigación “Historia Moderna” (GI-1921), vai participar no simposio internacional “Relixión, estranxeiros e identidade europea no mundo hispano (séculos XVII-XXI)”. Esta reunión científica, coordinada por David González Cruz e organizada pola Universidade de Huelva, celebrarase o día 15 de outubro 2020. O especialista da USC falará sobre a atención aos peregrinos estranxeiros no Real Hospital de Santiago no século XVIII. As sesións do encontro realizaranse tanto de xeito presencial como telemático, a través da plataforma ZOOM.