Rubén Castro Redondo gaña o Premio Taboada Chivite

O traballo “De señores, señoríos e medidas do país: cartografía metrolóxica da Galicia moderna”, do investigador modernista Rubén Castro Redondo, gañou a segunda edición do Premio Xesús Taboada Chivite, convocado pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, co apoio do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo. O premio foi concedido por unanimidade por un comité de expertos. Este galardón, que conta co apoio da Deputación de Ourense, ten como fin homenaxear a obra de Xesús Taboada Chivite e promover traballos de investigación científica nos ámbitos da arqueoloxía, a antropoloxía e a historia.