Seminario de Historia Moderna na Unizar

O mércores 19 de xaneiro de 2022, ás 18 horas, terá lugar unha nova sesión dos Seminarios de Historia Cultural da Universidade de Zaragoza, coordinado por Eliseo Serrano. Nesta ocasión, a conferencia correrá a cargo do Dr. Guillermo Pérez Sarrión, quen falará sobre “A naturalidade na monarquía hispánica e a formación da identidade española, séculos XVI-XVIII. Unha aproximación”. A reunión pódese seguir a través de Google Meet, premendo no seguinte enlace: meet.google.com/tcz-uxey-psc