Seminario na Universidade de San Martín (UNSAM, Argentina)
A Universidade de San Martín (Arxentina) organiza un obradoiro internacional sobre perspectivas recentes da historia de Europa, coordinado por Elisa Caselli (UNSAM) e Ofelia Rey Castelao, membro do GIHM (USC). No encontro, que terá lugar o vindeiro martes 9 de agosto, reuniranse varios investigadores de universidades arxentinas, Universidad de San Martín e Universidade Nacional de La Plata, e de institucións españolas, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Cantabria.
A actividade está aberta a todo aquel que queira asistir, previa inscrición, e desenvolverase en horario de 11.00 a 18.00 horas (hora arxentina).
Máis información: Formulario e inscripciones
