Ir ao contido principal

Terceira circular: VI Encontro Internacional de Xoves Investigadores en Historia Moderna. “Os Camiños do Modernismo”

A continuación, indicanse as novidades introducidas na terceira circular do Encontro de Xoves Investigadores da FEHM que se celebrará en Santiago de Compostela na súa próxima convocatoria. 

1. Calendario
20-31* xaneiro de 2022: Entrega dos textos das comunicacións para revisión por pares.
*Amplíase o prazo aos que responderon con atraso na recepción das avaliacións.
15-28 de febreiro de 2022: comunicación aos autores da aceptación dos textos.
17-19 de marzo de 2022: celebración do Encontro en formato presencial
31 de maio de 2022: entrega definitiva dos textos para a súa publicación
A reunión científica realizarase de xeito presencial, se as circunstancias o permiten. A intervención en liña está prevista para mozos investigadores internacionais que non poidan viaxar a Santiago de Compostela. Facilitarase a participación telemática aos asistentes que non presenten comunicación.
• Para que as comunicacións acaden a máxima valoración segundo os criterios de avaliación actuais, o Encontro conta cun comité organizador, un comité científico e un comité científico internacional con compoñentes de tres países distintos.

2. Inscrición no Encontro
A formalización da participación no Encontro, solicitarase mediante formulario, especialmente para expresar a forma de letura das comunicacións, que preferiblemente será presencial, salvo circunstancias que impidan a viaxe a Santiago.
Estableceuse unha matrícula xeral de 10 euros para os comunicantes, para sufragar os gastos de organización, e de atención aos asistentes, que deberá formalizarse unha vez superada a avaliación, antes da celebración da reunión. Así mesmo, abrirase a inscrición para os asistentes que non sexan comunicantes.
Con esta inscrición ofrécese aos que non sexan socios benfeitores da Fundación incorporarse este ano 2022 como novos socios, sen que teñan que aboar ningunha cantidade ata 2023.

3. Viaxe e estadía en Santiago de Compostela
Axencia Oficial da Xunta:
VIAXES ZONDA teléfono 981 59 40 50 Correo electrónico: mjr.zonda@gmail.com 

4. Ponecias do programa. Presentacións

Conferencia inaugural:
Bernard Vincent (Ecole des Hautes Études en Sciences Sociales, París)
“Os logros e os esquecimentos da Historia Moderna”

1. Os itinerarios da política: actores, institucións e ideas
Mafalda Soares da Cunha (Universidade de Évora – CIDEHUS): “Fidalgos e gobernos de ultramar en Portugal, séculos XVI-XVII. Un balance historiográfico”.
María López Díaz (Universidade de Vigo): “Entre a historia (política) e a historia do dereito: algúns proxectos do reformismo borbónico a exame”.
Coordinación: Camilo J. Fernández Cortizo (USC) Apoio: Álvaro Benedicto Pérez Sancho (USC)

2. As rutas dos individuos: personaxes, familias e grupos
Francisco García González (Universidade de Castela-A Mancha): “Traxectorias familiares, traxectorias sociais na España do Antigo Réxime”.
Francisco Andújar Castillo (Universidade de Almería): “As rutas da historia dos individuos: da prosopografía á nova historia biográfica”.
Coordinación: Hortensio Sobrado Correa (USC) Apoio: Pablo Vázquez Bello (USC)

3. Circuítos de comercio: instrumentos, mercadorías e capitais
Béatrice Perez (Université Sorbonne): “Da Inquisición aos comerciantes. Mercado e prosperar. Unha mesma sociedade sevillana inqueda”.
Ricardo Franch Benavent (Universidade de Valencia): “Comercio, burguesía mercantil e mobilidade social na España do século XVIII”.
Coordinación: Francisco Cebreiro Ares (UCM) Apoio: Antonio González López (USC)

4. Os camiños da fe: peregrinaxes, asistencia e devoción
Eliseo Serrano Martín (Universidad de Zaragoza): “Creer e protexer: devocións e santos na España Moderna”.
Domingo Luis González Lopo (Universidade de Santiago de Compostela): “Peregrinos e peregrinacións na Época Moderna: camiños recorridos e por percorrer”.
Coordina: Mónica Fernández Armesto (USC) Apoyo: Anxo Rodríguez Lemos (USC)

5. As sendas da cultura: artes, discursos e escritos
Inmaculada Arias de Saavedra Alías (Universidad de Granada): “Os libros franceses nas bibliotecas privadas españolas do século XVIII”.
Francisco Fernández Izquierdo (Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Madrid): “A historiografía recente da cultura escrita na España moderna dende a bibliometría: os libros frente ás revistas nun entorno académico digital”.
Coordina: Roberto Javier López López (USC) Apoyo: Daniel Mena Acevedo (USC)

6. As travesías do xénero: mulleres, traxectorias e desenlaces
Margarita Torremocha Hernández (Universidad de Valladolid): “Infanticidio en Castilla (s. XVIII). Itinerarios femeninos, do “acto reparador” ao crime.”
Ana M. Sixto Barcia (Universidad de Santiago de Compostela): “Letras en barbeito. As mujeres rurais e os estudos culturais.”
Coordina: Fernando Suárez Golán (USC) Apoyo: Iago Castro Táboas (USC)

Conferencia final
Pegerto Saavedra Fernández (Universidad de Santiago de Compostela)
“Invitación á Historia Rural”

Comité científico
Juan José Iglesias Rodríguez (Universidad de Sevilla)
Máximo García Fernández (Universidad de Valladolid)
María Ángela Atienza López (Universidad de La Rioja)
Henar Pizarro Llorente (Universidad Pontificia de Comillas)
Francisco Fernández Izquierdo (CSIC)
Mariela Fargas Peñarrocha (Universitat de Barcelona)
Cristina Borreguero Beltrán (Universidad de Burgos)
José María Imízcoz Beunza (Universidad del País Vasco)
David González Cruz (Universidad de Huelva)
Antonio Jiménez Estrella (Universidad de Granada)
María López Díaz (Universidad de Vigo)

Comité científico internacional
Beátrice Perez (Institut d’ Etudes Hispaniques, Université Paris IV) Francia
Bernard Vincent (École des Hautes Études en Sciences Sociales) Francia
Mafalda Soares da Cunha (Universidade de Evora) Portugal
Maria Antónia Lopes (Universidade de Coimbra), Portugal
María Luz González Mezquita (Universidad de Mar del Plata) Argentina
Marta Lobo de Araújo (Universidade do Minho) Portugal
Rafael Sagredo Baeza (Pontificia Universidad Católica 

 

Descargar adxunto