Universidade de Verán 2022. Actualización!
Xa está aberto o prazo para inscribirse nos cursos Universidade de Verán 2022 (USC). No eido da historia de Galicia, ofertase o curso: “Historia da Galicia Marítima. Expansión Económica, Crise e Conflitividade Social”, coordinado polo profesor Isidro Dubert García, membro do GIHM. A actividade terá lugar os días 11, 12 e 13 de xullo, no salón de actos da facultade de Filosofía. Ademais de ter recoñecido 1 crédito ECTS, conta co recoñecemento da CAPD da USC.
Inscricións e máis información sobre os cursos de verán da USC: https://www.usc.es/gl/servizos/cultura/veran/