VI Encontro de Xoves Investigadores en Historia Moderna, Santiago de Compostela, 17-19 de marzo de 2022: listado de aloxamentos en Santiago

Publicase unha relación de aloxamentos para a estadía en Santiago, así como outras informacións de interese para os asistentes. Pode atopar o listado de aloxamentos premendo na seguinte ligazón: Relación de aloxamentos.pdf
Tanto a información relativa ao evento, como os formularios para poder inscribirse e aboar a cota de participación, pódense consultar na páxina web da Fundación Española de Historia Moderna, dedicada á xestión das nosas convocatorias: https://fehm-reuniones.csic.es
Lémbrase que todos aqueles que desexen asistir ou presentar comunicacións no VI Encontro Internacional de Xoves Investigadores en Historia Moderna (FEHM & USC) deberán inscribirse como comunicantes ou congresistas, xa que é necesario coñecer os participantes que estarán en Santiago de Compostela para organizar a loxística da reunión.