XXIV Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo concedido a Francisco Saldoval Verea

Francisco Saldoval, doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e arquiveiro do Arquivo Histórico Provincial de Ourense, gaña o Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo 2023. O título da obra galardoada, presentada ao concurso a través do sistema de plica con seudónimo, é “A paixase e a organización do espazo do interior coruñés durante os séculos XVI ao XVIII”. Este premio, de gran recoñecemento entre a comunidade investigadora galega, está financiado polo Concello de Valga.