Hyperactivation of right inferior frontal cortex in young binge drinkers during response inhibition: A follow-up study
Autores: López-Caneda, E.; Cadaveira, F.; Crego A.; Gómez-Suárez, A.; Corral, M.; Parada, M.; Caamaño-Isorna, F.; Rodríguez Holguín, S
Ano: 2012
Addiction, 107, 1796-1808. DOI: 10.1111/j.1360-0443.2012.03908.x
Palabra clave: Binge drinking, eLORETA, Event-related potentials, Inhibitory control, NoGo-P3, Prefrontal cortex
Obxectivos: O obxectivo deste estudo foi examinar a actividade cerebral, con particular atención ao funcionamento prefrontal, durante a emisión e a inhibición de respostas en mozos e mozas que practicaron consumo intensivo de alcohol (CIA) durante polo menos dous anos. Deseño: Rexistráronse os potenciais evocados (PE) dúas veces nun intervalo de 3 anos durante a realización dunha tarefa ‘Go/NoGo’. Contexto: O traballo forma parte dun estudo lonxitudinal sobre os efectos neurocognitivos do CIA. Participantes: Un total de 48 estudantes universitarios, 25 de control (14 mulleres) e 23 consumidores intensivos de alcohol (10 mulleres) sen historia persoal ou familiar de alcoholismo ou doutros trastornos psicopatolóxicos. Medidas: Examináronse os compoñentes P3-Go e P3-NoGo dos PEs mediante Análise de Compoñentes Principais e Análise Tomográfico de Baixa Resolución (eLORETA). Achádegos: Os participantes CIA amosaron maiores amplitudes de P3-NoGo que os de control nas dúas avaliacións (p = .019). Tamén amosaron maior amplitude de P3-NoGo na segunda avaliación (p = .0002). As análises eLORETA na segunda avaliaicón revelaron unha maior activación no córtex frontal inferior dereito nos CIA que nos control durante a inhibición exitosa (p < .05). Conclusións: Os mozos con consumo intensivo de alcohol semellan presentar actividade cerebral anómala medida mediante PE durante a emisión e inhibición de respostas, que podería representar un antecedente neural de dificultades no control de impulsos.