A área do triángulo dado é 46. Serías capaz de dividir este triángulo en catro partes de igual área? (Proba a unir os puntos medios dos lados do triángulo dado)
Se tres dos puntos están en algunha destas partes, a área do triángulo que os teña por vértices será inferior a 6, non si?.
Agora, pódense repartir 9 puntos en catro grupos de xeito que en ningún grupo haxa máis de 2?
Cres que o problema podería resolverse con menos puntos?