OME Novidades
Edicións pasadas
Enlaces útiles
Contacto
OME
 
OMG 2015

Bases da LII Olimpíada Matemática Española

..

A Real Sociedad Matemática Española (RSME) convoca a LII Olimpíada Matemática Española consonte ás seguintes

BASES:

1. Participantes:

Poderá participar na L Olimpíada Matemática Española todo o alumnado do sistema educativo español que estea matriculado durante o curso 2015-2016 en Bacharelato. 

Con carácter excepcional, e con aval individual por escrito da súa profesora ou profesor, tamén poderá tomar parte na LII Olimpíada Matemática Española o alumnado do 2º Ciclo de ESO de excelentes capacidades. En Galicia está convidado a participar o alumnado de EsTalMat-Galicia.

A participación é individual.

2. inscrición:

Quenes teñan interese en participaren na LII Olimpiada Matemática Española en Galicia débense inscribir en liña a través da páxina web da OME en Galicia http://www.usc.es/olympia

3. Primeira Fase.

3.1 Desenvolvemento.

En Galicia, a primeira Fase, ou Fase Autonómica, da LII Olimpiada Matemática Española, é a Olimpíada Matemática Galega 2016, e consistirá en dúas sesións de resolución de problemas de Matemáticas, que se realizarán o día 15 de xaneiro de 2016, no lugar e horas que figura á fin destas páxinas.

O alumnado inscrito queda xa convocado para as probas sen necesidade de comunicación persoal posterior.

Sómentes se permitirá o uso de útiles de escribir e debuxar. En particular, non están permitidas calculadoras, libros, táboas ou outros documentos distintos dos que proporcione o Tribunal. 

3.2 Tribunais da Primeira Fase. 

En Galicia, un Tribunal delegado pola RSME cualificará os ejercicios e clasificará as persoas gañadoras da Primera Fase, en número de nove como máximo. 

3.3 Premios da Primeira Fase.

A Real Sociedad Matemática Española premiará a este alumnado gañador con una cuota anual de socio-estudiante individual, o que lle dá dereito, entre outros beneficios, a recibi-la revista La Gaceta da Real Sociedad Matemática Española durante un ano. 

O alumnado gañador da Primera Fase recibirán, asimesmo, un diploma acreditativo.

Os tres primeiros clasificados participarán na Fase Final da LII Olimpíada Matemática Española, que se celebrará en Barcelona entre os días 31 de marzo e 3 de abril de 2016, nos térmos que se detallarán nunha convocatoria posterior.

A participación na LII Olimpiada Matemática Española supón a aceptación destas bases.

O alumnado de nacionalidade española que consiga medalla de ouro na fase final formará parte do Equipo Olímpico de España que participará na 57th International Matematical Olympiad, que se celebrará en Hong Kong en xullo de 2016.

Á luz dos resultados acadados na olimpíada internacional, a Comisión de Olimpíadas da RSME decidirá a composición do equipo que representará a españa na XXXI Olimpíada Iberoamericana de Matemáticas, que terá lugar en Chile en setembro de 2016.

 

..

Convocatoria para a Primeira Fase en Galicia

OMG 2016

No Distrito Universitario de Galicia as probas da Primeira Fase da
LII Olimpiada Matemática Española
realizaranse en dúas sesións :

Cada sesión terá unha duración de tres horas e media, e consistirá na resolución de tres problemas.  

Lugar: Facultade de Matemáticas (ver mapa) . Santiago de Compostela

Data: venres, 15 de xaneiro de 2016     

Primeira Sesión:  Hora: 10:00

Segunda Sesión:   Hora: 16:00