OMG Novidades
Edicións pasadas
Enlaces útiles
Inscrición
Contacto
OME
OMG 2018

Bases da LV Olimpíada Matemática Española

..

A Real Sociedad Matemática Española (RSME) convoca a LV Olimpíada Matemática Española consonte ás seguintes

BASES:

1. Participantes:

Poderá participar na LV Olimpíada Matemática Española todo o alumnado do sistema educativo español ou equivalente que estea matriculado durante o curso 2018-2019 en Bacharelato. 

Con carácter excepcional, e con aval individual por escrito da súa profesora ou profesor, tamén poderá tomar parte na LIV Olimpíada Matemática Española o alumnado do 2º Ciclo de ESO de excelentes capacidades. En Galicia está convidado a participar o alumnado de EsTalMat-Galicia.

A participación é individual.

2. inscrición:

Quenes teñan interese en participaren na LV Olimpiada Matemática Española en Galicia dberanse inscribir en liña a través da páxina web da OME en Galicia http://www.usc.es/olympia

3. Primeira Fase.

3.1 Desenvolvemento.

En Galicia, a primeira Fase, ou Fase Autonómica, da LV Olimpiada Matemática Española é a Olimpíada Matemática Galega 2019, e consistirá en dúas sesións de resolución de problemas de Matemáticas, que se realizarán o día 18 de xaneiro de 2019, no lugar e horas que figuraa á fin destas páxinas.

O alumnado inscrito queda xa convocado para as probas sen necesidade de comunicación persoal posterior.

Sómentes se permitirá o uso de útiles de escribir e debuxar. En particular, non están permitidos (e non se poderán introducir na aula) calculadoras, teléfonos móbiles, libros, táboas ou outros documentos distintos dos que proporcione o Tribunal. 

3.2 Tribunais da Primeira Fase.

En Galicia, un Tribunal delegado pola RSME cualificará os ejercicios e clasificará as persoas gañadoras da Primera Fase, en número de tres como máximo. O fallo do tribunal é inapelable.

3.3 Premios da Primeira Fase.

A Real Sociedad Matemática Española premiará a este alumnado gañador con una cuota anual de socio-estudiante individual, o que lle dá dereito, entre outros beneficios, a recibir a revista La Gaceta da Real Sociedad Matemática Española durante un ano. 

O alumnado gañador da Primera Fase recibirá, así mesmo, un diploma acreditativo e participarán na Fase Nacional representando a Galicia.

4. Fase Nacional.

4.1 Desenvolvemento.

A Fase Final da LV Olimpíada Matemática Española terá lugar en Ourense do 21 ao 24 de marzo de 2019 e nela participará o alumnado seleccionado nas distintas comunidades e cidades autónomas.

4.2 Premios da Fase Nacional.

Na Fase Nacional concederanse un total de 36 medallas de ouro, prata e bronce, na proporción 1:2:3, respectivamente. Estes premios serán compatibles con calquera outros que poida conceder o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, ou calquera outra institución.

5. Olimpíadas Internacionais.

5.1 Olimpíada Feminina Europea.

As alumnas mellor clasificadas nas diferentes primeiras fases de toda España, ata un máximo de 15, poderán participar na proba de selección do equipo que representará a España na Olimpiada Feminina Europea (EGMO), que se celebrará en Kiev (Ukrania) en abril de 2019. A devandita proba de selección terá lugar en febreiro de 2019.

5.2 Olimpíada Internacional de Matemáticas.

O alumnado español que acade Medalla de Ouro na Fase Nacional, formarán parte do Equipo Olímpico que representará a España na 60th International Mathematical Olympiad que terá lugar en Bath (Reino Unido) en xullo de 2019.

5.3 Olimpíada Iberoamericana de Matemáticas.

A Comisión de Olimpíadas da RSME decidirá a composición do equipo que representará a España na XXXIV Olimpiada Iberoamericana de Matemáticas, que terá lugar en Guanajuato (México) en setembro de 2019.

Para elo terase en conta os resultados dunha proba de selección na que poderán partipar tanto as medallas de ouro de 2019 como aquelas de 2018 que, aínda que teñan rematado o bacharelato, cumpran os requisitos para participar na Olimpiada Ibeoramericana de Matemáticas.

 

..

Convocatoria para a Primeira Fase en Galicia

OMG 2019

No Distrito Universitario de Galicia as probas da Primeira Fase da
LV Olimpiada Matemática Española
realizaranse en dúas sesións :

Cada sesión terá unha duración de tres horas e media, e consistirá na resolución de tres problemas.  

Lugar: Facultade de Matemáticas (ver mapa) . Santiago de Compostela

Data: venres, 18 de xaneiro de 2019     

Primeira Sesión:  Hora: 10:00

Segunda Sesión:   Hora: 16:00