A Real Sociedad Matemática Española (RSME) convoca a LXI Olimpíada Matemática Española consonte ás seguintes
BASES:
1. Participantes:
Poderá participar na LXI Olimpíada Matemática Española todo o alumnado do sistema educativo español ou equivalente que estea matriculado durante o curso 2024-2025 en Bacharelato.
Con carácter excepcional, e con aval individual por escrito da súa profesora ou profesor, tamén poderá tomar parte na LXI Olimpíada Matemática Española o alumnado do 2º Ciclo de ESO de excelentes capacidades. En Galicia está convidado a participar o alumnado de EsTalMat-Galicia.
A participación é individual.
2. inscrición:
Quenes teñan interese en participaren na LXI Olimpiada Matemática Española en Galicia deberanse inscribir en liña a través da páxina web da OME en Galicia http://www.usc.gal/olympia . O prazo de inscrición remata o 16 de xaneiro de 2025.
3. Primeira Fase.
3.1 Desenvolvemento.
En Galicia, a primeira Fase, ou Fase Autonómica, da LXI Olimpiada Matemática Española é a Olimpíada Matemática Galega 2025, e consistirá en dúas sesión de resolución de problemas de Matemáticas, que se realizarán o día 17 de xaneiro de 2025, no lugar e horas que figura ao final desta páxina.
O alumnado inscrito queda xa convocado para as probas sen necesidade de comunicación persoal posterior.
Sómentes se permitirá o uso de útiles de escribir e debuxar. En particular, non están permitidos (e non se poderán introducir na aula) calculadoras, teléfonos móbiles, libros, táboas ou outros documentos distintos dos que proporcione o Tribunal.
3.2 Tribunais da Primeira Fase.
En Galicia, un Tribunal delegado pola RSME cualificará os ejercicios e clasificará as persoas gañadoras da Primera Fase, en número de tres como máximo. O fallo do tribunal é inapelable.
3.3 Premios da Primeira Fase.
A Real Sociedad Matemática Española premiará a este alumnado gañador con una cuota anual de socio-estudiante individual, o que lle dá dereito, entre outros beneficios, a recibir a revista La Gaceta da Real Sociedad Matemática Española durante un ano.
O alumnado gañador da Primera Fase recibirá, así mesmo, un diploma acredi-tativo e participarán na Fase Nacional representando a Galicia.
4. Fase Nacional.
4.1 Desenvolvemento.
A Fase Final da LXI Olimpíada Matemática Española terá lugar en Xixón, Principado de Asturias, entre os días 27 e 30 de marzo de 2025, e nela participará o alumnado clasificado nas 3 primeiras posicións en Galicia xunto co seleccionado nas demais comunidades e cidades autónomas.
A Comisión de Olimpíadas pode autorizar unha praza adicional para estudantes non contemplados no apartado 1 desta convocatoria.
4.2 Premios da Fase Nacional.
Na Fase Nacional concederanse un total de 36 medallas de ouro, prata e bronce, na proporción 1:2:3, respectivamente. Estes premios serán compatibles con calquera outros que poida conceder o Ministerio de Educación y Formación Profesional, ou calquera outra institución.
5. Olimpíadas Internacionais.
5.1 Olimpíada Internacional de Matemáticas.
As seis mellores puntuacións na Fase Nacional entre o alumnado que cumpra os requisitos de participacións establecidos no regulamento permanente da IMO, formarán parte do Equipo Olímpico que representará a España na 66th International Mathematical Olympiad, que se celebrará en Sunshine Coast, Australia, do 10 ao 20 de xullo de 2025.
5.2 Olimpíada Iberoamericana de Matemáticas.
A Comisión de Olimpíadas da RSME decidirá a composición do equipo que representará a España na XL Olimpiada Iberoamericana de Matemáticas, que celebrará en Chile en setembro de 2025.
Para elo terase en conta os resultados da olimpíada internacional máis unha proba de selección na que poderán partipar tanto as medallas de ouro de 2025 como aquelas de 2024 que, aínda que teñan rematado o bacharelato, cumpran os requisitos para participar na Olimpíada Ibeoramericana de Matemáticas.
5.3 Olimpíada Femininas.
As alumnas mellor clasificadas nas fases locais, ata un máximo de 20, poderán participar na Olimpíada Feminina Española (OFEM 2025), que terá lugar nas Rozas o 8 de marzo de 2025. As catro alumnas con mellor puntuación nesta proba formarán o equipo que representará a España na Olimpíada Feminina Europea (EGMO), que se celebrará en Pristina, Kosovo, entre os días 11 3 17 de abril de 2025.
|