Co apoio loxístico da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura e da Facultade de Óptica e Optometría, ademaís dos patrocinios da Xunta de Galicia, do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, así como da empresa Óptica Val, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller oferta a edición 26ª do Programa de Extensión Cultural de Astronomía (P.E.C.AS.) Haberá un cupo de 50 plazas para a comunidade universitaria (alumnado, PDI. e PAS), así como outras 10 para público en xeral, para poder participar en charlas e observacións astronómicas, tanto a simple vista como con telescopios. O alumnado que asista con aproveitamento terá dereito á convalidación dun crédito ECTS. A matrícula comeza xa este luns a partir das 12 horas. Máis información na web do programa: https://www.usc.gal/pecas Prof. José Ángel Docobo Durántez Director do PECAS |