Skip to main content

Latest news

O XI Campus de Verán XuvenCiencia bota a andar este luns en Lugo con preto de 100 estudantes de ESO, BAC e FP

O condutor de ‘Efervesciencia’ da Radio Galega, Manuel Vicente, impartirá un obradoiro de divulgación na xornada de apertura dun programa de convivencia científica que comeza ás 10.00 horas cunha xincana e que ofrece á mocidade a posibilidade de achegarse durante unha semana á investigación a través de 16 obradoiros científicos. O acto inaugural será ás 13.00 horas, no auditorio de Veterinaria

Read more

Un chip xenético garante a autenticidade do mexillón galego

A nova ferramenta desenvolvida por un consorcio europeo liderado polo CSIC no marco do proxecto Interreg ‘Sea Traces’, e en cuxa creación colaborou grupo Acuigen do Campus Terra da USC co centro tecnolóxico Azti, permite distinguir con alta precisión a orixe xeográfica dos mexillóns cultivados en Galicia

Read more