Pasar al contenido principal

A USC, punto de encontro de máis dun centenar de expertos en terapia celular

O coordinador do Nodo de TerCel en Galicia e profesor da USC, José Luis Labandeira
O coordinador do Nodo de TerCel en Galicia e profesor da USC, José Luis Labandeira
A Facultade de Medicina da USC converterase en centro neurálxico de intercambio de coñecementos sobre células nai e medicina rexenerativa da Rede de Terapia Celular
Santiago de Compostela

A Facultade de Medicina da USC converterase en centro neurálxico de intercambio de coñecementos sobre células nai e medicina rexenerativa da Rede de Terapia Celular (TerCel), ao longo dos días 28 e 29 de novembro.

O acto inaugural celebrarse no Salón de Actos da Facultade de Medicina este xoves 28, ás 16.00 horas. O acto estará presidido polo vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri. Xunto a el, tomarán parte no acto, o coordinador do Nodo de TerCel en Galicia e profesor da USC, José Luis Labandeira; o decano do centro, Julián Alvarez; así como o director de asistencia sanitaria do Sergas, Jorge Aboal; o coordinador de TerCel, Jose María Moraleda; e a xerenta da Xestión Integrada de Santiago de Compostela, Eloína Nuñez.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.12.2019.