Pasar al contenido principal

A USC convida a estudantes de Música de Lugo a presentar as súas propostas para participar no ciclo ‘Na Calzada’

Imaxe do vídeo promocional desta iniciativa
Imaxe do vídeo promocional desta iniciativa
As candidaturas poden presentarse ata o 15 de decembro a través do enderezo electrónico cultura.lugo@usc.es
Lugo

A Oficina de Cultura do Campus de Lugo da USC vén de lanzar unha campaña en redes sociais, a través da que convida a estudantes de Música de Lugo a propoñer a súas respectivas candidaturas para participar no ciclo ‘Na Calzada’, un programa para a promoción de novos valores musicais lugueses que están a ampliar ou completar a súa formación alén das murallas. ‘Na Calzada’ está incluído no ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial.

O obxecto desta iniciativa pasa por contribuír a que os estudantes de Música teñan á súa disposición un espazo artístico no que poidan presentar os seus primeiros traballos e as súas creacións.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.12.2019.