Pasar al contenido principal

BioIncubaTech impulsa desde Lugo o xerme da innovación biotecnolóxica nos eidos da saúde e das tecnoloxías alimentarias

Monse Garabato,  Montserrat Valcárcel e José L. Villaverde, na presentación da incubadora de altas tecnoloxías BioIncubaTech no edificio Cactus de Lugo
Monse Garabato, Montserrat Valcárcel e José L. Villaverde, na presentación da incubadora de altas tecnoloxías BioIncubaTech no edificio Cactus de Lugo
A vicerreitora da USC Montserrat Valcárcel, José Luis Villaverde e Monse Garabato presentan no Cactus a convocatoria desta incubadora, que está aberta ata o venres 15
Lugo

A Incubadora de Alta Tecnoloxía BioIncubaTech, promovida pola USC, en colaboración con Uninova e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, co obxecto de fomentar a innovación e a transferencia de biotecnoloxía nos ámbitos das ciencias da saúde e das tecnoloxías alimentarias aterra no Campus de Lugo da USC co obxecto e impulsar o nacemento de novas empresas de biotecnoloxía que contribúan á innovación e a transferencia de coñecementos nestes eidos.

A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto; o director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, José Luis Villaverde Acuña, e Monse Garabato, project manager do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), presentaron este luns no edificio Cactus da sede universitaria luguesa a primeira convocatoria de proxectos lanzada por BioIncubaTech, unha incubadora de altas tecnoloxías nada coa premisa de servir de pulo para a consolidación e o desenvolvemento da biotecnoloxía en Galicia.

A presentación de BioIncubaTech no Campus de Lugo da USC pretende un dobre obxectivo, tal e como supón a captación de talento ou o posterior asesoramento e acompañamento que ofrecerán os técnicos da USC nesta sede universitaria. A pretensión última coa que bota a andar esta incubadora de Alta Tecnoloxía pasa por fomentar o emprendemento e as empresas do sector biotecnolóxico en Galicia, afirmou Valcárcel, quen lembrou que as novas iniciativas empresariais que xurdan ao abeiro deste programa contribuirán a promover a modernización do tecido produtivo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.12.2019.