Pasar al contenido principal

Ampliado ata o 15 de outubro o prazo para participar no concurso de ideas e proxectos Spin_Up

Ás ideas seleccionadas asignaráselles un promotor empresarial co que abordar o plan de empresa. FOTO: Santi Alvite
Ás ideas seleccionadas asignaráselles un promotor empresarial co que abordar o plan de empresa. FOTO: Santi Alvite
As iniciativas deben estar relacionadas coas áreas produtivas Agro-Bio, industria alimentaria; industria da transformación 4.0; industria creativa, TIC, turismo; e saúde ou envellecemento activo. Ás ideas seleccionadas asignaráselles un promotor empresarial co que abordar o plan de empresa
Santiago de Compostela

A incubadora de empresas innovadoras Uninova, a través do proxecto Spin_Up ‘Definición e implementación de núcleos locais de transferencia para a promoción de SpinOffs Universitarias e StarUps innovadoras’, impulsa un concurso de proxectos destinado a toda a comunidade universitaria galega no que se procuran ideas que propoñan solucións a necesidades actuais da industria na área de Santiago de Compostela. O prazo de presentación de propostas mantense aberto ata o 15 de outubro. As candidaturas, tal e como establecen as bases do certame, deberán presentarse a través desta ligazón.

As iniciativas deben estar relacionadas con catro áreas produtivas: Agro-Bio, industria alimentaria; industria da transformación 4.0; industria creativa, TIC, turismo; e saúde ou envellecemento activo. A finalidade desta iniciativa é a creación de empresas, xa sexan spin-off ou start-up, a partir da transferencia de tecnoloxía e o coñecemento.

Ás ideas seleccionadas asignaráselles un promotor empresarial co que abordar o plan de empresa, análise de viabilidade ou elevator-pitch; un titor para coordinar e dar apoio ao proceso, un mentor con experiencia para asesoramento naquilo que se precise, asesoramento en materia de propiedade intelectual e industrial, a posibilidade de asociarse cun socio industrial para o desenvolvemento do proxecto e a asistencia a foros de inversión para obter financiamento, se fora posible, para a posta en funcionamento da empresa. Todo este proceso está valorado en 4.500 euros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.09.2020.