Pasar al contenido principal

Formación do Profesorado lanza unha enquisa en liña sobre o uso das TIC entre o alumnado universitario

Usuaria dun ordenador portátil
Usuaria dun ordenador portátil
A consulta, realizada a petición do Concello de Lugo, servirá para detectar posibles adiccións entre a mocidade ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación e preserva o anonimato de todas aquelas persoas que se animen a participar
Lugo

A Facultade de Formación do Profesorado da USC vén de lanzar unha enquisa en liña para coñecer o uso que fai o alumnado do Campus de Lugo das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Esta consulta, realizada logo da petición trasladada polo Concello de Lugo á USC, permitirá obter información respecto do tempo que dedica a poboación universitaria ao manexo das TIC, coñecer datos sobre as súas preferencias, así como respecto da utilidade que fai a mocidade destas aplicacións tecnolóxicas.

A enquisa, que preserva o anonimato de todas aquelas persoas que se animen a participar, permitirá aos profesionais encargados do tratamento e da análise dos datos obtidos, a advertencia ou, no seu caso detección, de posibles adiccións ás TIC entre a mocidade universitaria, segundo indicou a decana da Facultade de Formación do Profesorado, Carmen Sarceda, quen coordina este estudo xunto co profesor César Muñoz Carril.

O cuestionario presentado demanda algúns datos xenéricos precisos para achegarse ao perfil universitario dos usuarios, para logo interpelar sobre cuestións relativas aos dispositivos tecnolóxicos cos que contan e dos que fan uso máis habitual fóra das tarefas académicas. Unha vez completada esta fase inicial do cuestionario, as preguntas incluídas na enquisa pretenden afondar en aspectos relativos ao comportamento e ás reaccións e emocións dos usuarios das TIC.

Os hábitos de consumo e compra a través das distintas plataformas telemáticas e as opcións preferidas ou máis demandas por parte do público universitario forman tamén parte do abano de preguntas formuladas a través dunha enquisa que, en certa medida, tamén contribuirá a debuxar polo miúdo o perfil cibernético da mocidade universitaria do Campus de Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.10.2020.