Aberta ata o 11 de novembro a inscrición no seminario ‘ZOE: Literatura, ecofeminismo e configuracións animais’

A xornada en liña desenvolverase o vindeiro día 13 deste mes
Santiago de Compostela
O proxecto de investigación ‘O Tropo Animal' e o GRC 'Discurso e Identidade’ impulsa o vindeiro día 13 de novembro, en horario de tarde, o seminario en liña ‘ZOE: Literatura, ecofeminismo e configuracións animais’, no que participará persoal docente e investigador das tres universidades galegas.
O estudo dos animais nas literaturas anglófonas, así como na literatura galega, centrará gran parte dunha xornada que se pechara abordando o devir animal nas literaturas. A inscrición de balde pode formalizarse a través do enderezo electrónico arancha.rodriguez.fernandez [at] usc.es (arancha[dot]rodriguez[dot]fernandez[at]usc[dot]es) antes do 11 de novembro.