Pasar al contenido principal

Últimos días para inscribirse no congreso da Cátedra do Camiño e das Peregrinacións

Os alumnos de todos os graos da USC que queiran obter un crédito ECTS, ademais de asistir a todos os relatorios, deberán presentar á secretaria do congreso por escrito unha recensión crítica. FOTO: Santi Alvite
Os alumnos de todos os graos da USC que queiran obter un crédito ECTS, ademais de asistir a todos os relatorios, deberán presentar á secretaria do congreso por escrito unha recensión crítica. FOTO: Santi Alvite
O foro que se desenvolverá os días 21 e 22 de xullo, pretende celebrar conxuntamente a cuarta edición do seminario internacional, así como o congreso anual que impulsa esta cátedra da USC
Santiago de Compostela

O IV Congreso Internacional da Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións, cuxa creación foi froito da colaboración entre a USC e Turismo de Galicia, desenvolverase os días 21 e 22 de xullo baixo o lema ‘Vinte e unha Investigacións sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións para o Ano Santo 2021’. Este foro que terá lugar na Cidade da Cultura servirá para poñer en valor a actividade científica, divulgadora e didáctica de persoas, entidades, institucións e universidades, tanto de Galicia, como a nivel estatal e internacional, involucradas no estudo da ruta xacobea. Esta iniciativa pretende celebrar conxuntamente o IV seminario internacional anual e o IV congreso anual desta cátedra institucional da USC. A inscrición pode formalizarse a través da páxina web do Congreso ata o 9 de xullo.

Durante dúas xornadas abertas a estudantes e profesorado universitario, asociacións xacobeas, profesores de institutos, centros de investigación internacionais, profesionais e axentes turísticos, e público interesado en xeral, expoñeranse os resultados de vinte e un microproxectos de investigación, divulgación e pedagóxicos, multidisciplinares e vinculados ao Camiño de Santiago impulsados ao abeiro desta cátedra co apoio da USC, a Axencia de Turismo da Xunta de Galicia e a Catedral de Santiago.

Os alumnos de todos os graos da USC que queiran obter un crédito ECTS, ademais de asistir a todos os relatorios, deberán presentar á secretaria do congreso por escrito unha recensión crítica de polo menos tres dos relatorios presentados e de entre dúas e cinco páxinas cada unha.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.07.2021.