Pasar al contenido principal

Preto dun centenar de persoas toman parte no primeiro Campus de Emprendemento e Empregabilidade

Achegar a realidade empresarial e incrementar o número de empresas creadas polos e polas estudantes, dando pulo a unha rede de startups marca USC é outro dos horizontes que se perseguen a través deste Campus de Emprendemento e Empregabilidade. Imaxe de arquivo dun laboratorio da USC: FOTO: Santi Alvite
Achegar a realidade empresarial e incrementar o número de empresas creadas polos e polas estudantes, dando pulo a unha rede de startups marca USC é outro dos horizontes que se perseguen a través deste Campus de Emprendemento e Empregabilidade. Imaxe de arquivo dun laboratorio da USC: FOTO: Santi Alvite
“Para a USC é fundamental fomentar o espírito emprendedor”, sinalou o vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez, no acto inaugural desta iniciativa que “agardamos se vexa consolidada no tempo”, engadiu a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo
Santiago de Compostela

A primeira edición do Campus de Emprendemento e Empregabilidade da USC botou a andar este luns na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais con preto dun centenar de mozos e mozas inscritas. Formar o alumnado universitario na creación de empresas como alternativa de saída ao mercado laboral é a meta que persegue esta iniciativa que se desenvolverá ata o vindeiro 23 de xullo.

No acto inaugural tomaron parte o vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez; a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo; e o decano do centro, Xoán Ramón Doldán García, quen se mostrou orgulloso de que a súa Facultade fose a encargada de albergar esta iniciativa. “Prestar soporte ás persoas emprendedoras, así como fomentar o espírito emprendedor é fundamental para a USC”, explicou Vicente Pérez, feito no que a USC leva investido esforzos “dende hai vinte anos”. Neste senso, Mar Lorenzo puxo o foco na necesidade de que iniciativas coma esta “se vexan consolidadas no tempo”.    

Achegar a realidade empresarial e incrementar o número de empresas creadas polos e polas estudantes, dando pulo a unha rede de startups marca USC é outro dos horizontes que se perseguen a través deste Campus de Emprendemento e Empregabilidade. “Un dos indicadores inequívocos da grandeza dunha Universidade é a capacidade que esta teña para exportar os coñecementos xerados no seu seo, froito da investigación, do traballo e do esforzo do profesorado e do alumnado”, apuntan dende a organización. “Atopámonos con que moitos e bos proxectos, sustentados en excelentes ideas xurdidas no ámbito universitario, pérdense no tinteiro polo simple feito de que as persoas que os promoven non se atreven a dar o salto e crear a súa propia empresa. Teñen medo ao mundo empresarial porque é percibido como complexo e complicado”, continúan.

En horario de 10.00 a 12.30 horas, o Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais será o escenario no que se impartirá a formación presencial pero retransmitida. Ao longo dos dez días que durará a actividade, o Campus afondará, a través de profesionais de recoñecido prestixio, en temáticas tan diversas como a reformulación de proxectos; a constitución de sociedades, é dicir, a súa forma xurídica, os modelos de participación, os estilos de dirección ou os procesos de selección; así como as habilidades básicas da persoa emprendedora. A análise do mercado, o desenvolvemento da marca persoal, ou a xestión financeira serán outras das cuestións tratadas neste Campus de Emprendemento e Empregabilidade da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.07.2021.