Pasar al contenido principal

Pilar Rodríguez Ledo recolle o XXII Premio Novoa Santos

O 50% da contía do premio, que ascende en total a 12.000 euros, destínase á gañadora e o resto repártese entre outras dúas iniciativas designadas pola propia Rodríguez Ledo. FOTO: Santi Alvite
O 50% da contía do premio, que ascende en total a 12.000 euros, destínase á gañadora e o resto repártese entre outras dúas iniciativas designadas pola propia Rodríguez Ledo. FOTO: Santi Alvite
O acto de entrega deste galardón impulsado pola Asociación de Médicos Galegos desenvolveuse este venres no Paraninfo da USC e serviu para recoñecer a esta profesora de Enfermaría no Campus de Lugo
Lugo, Santiago de Compostela

A Asociación de Médicos Galegos (Asomega), en colaboración con Roche, celebrou este venres no Paraninfo da USC o acto de entrega do  XXII Premio Novoa Santos no que se recoñeceu a figura da profesora de Enfermaría no Campus de Lugo, Pilar Rodríguez Ledo. A gañadora é tamén subdirectora Médica da Estrutura de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte; así como vicepresidenta da Sociedade Española de Medicina Xeral (SEMG).

No acto tomaron parte o reitor Antonio López e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; así como Julio Ancochea, presidente de Asomega; e Federico Plaza, en representación de Roche. Logo da laudatio que correu a cargo do catedrático da UDC, Javier Muñiz; a premiada procedeu a pronunciar o seu relatorio titulado “A Atención Primaria, un abano de oportunidades, dende a Medicina Rural á COVID persistente’.

O 50% da contía do premio, que ascende en total a 12.000 euros, destínase á gañadora e o resto repártese entre outras dúas iniciativas designadas pola propia Rodríguez Ledo. O Premio Novoa Santos recoñece a personalidades relevantes de Galicia, ou directamente vinculadas a Galicia, do eido da Medicina-Sanidade, cuxa labor profesional ou científica acadase repercusión estatal ou internacional.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.09.2021.