Pasar al contenido principal

A Valgada do Campus de Lugo recuperará a lóxica hídrica e conxugará usos sociais, docentes, ecolóxicos e paisaxísticos

De esqueda a dereITA, Javier Ferreira, Lara Méndez, Antonio López, José Tomé, Montserrat Valcárcel e Pilar García, na Valgada do Campus de Lugo
De esqueda a dereITA, Javier Ferreira, Lara Méndez, Antonio López, José Tomé, Montserrat Valcárcel e Pilar García, na Valgada do Campus de Lugo
O reitor da USC, Antonio López, e o presidente da Deputación de Lugo, presentan o proxecto ‘Revalgada’, que pretende a reordenación e aproveitamento do ‘corazón verde’ da sede universitaria luguesa a través de intervencións na súa rede de camiños, delimitación de hortas docentes, integración do anfiteatro e a posta en valor da auga

A Valgada do Campus de Lugo recuperará a súa lóxica hídrica e conxugará os usos educativos, sociais, ecolóxicos e paisaxísticos dun espazo que actúa como corazón verde da sede universitaria luguesa, segundo se recolle no proxecto ‘Revalgada’, un documento elaborado por alumnado dos graos en Paisaxe, Agrícolas, Forestais e Arquitectura da USC e UDC no marco dun obradoiro de ideas promovido en xuño pola USC xunto coa Deputación Provincial de Lugo para avanzar na revitalización desta zona verde, a través da súa humanización e a optimización das infraestruturas xa existentes.

O reitor da USC, Antonio López, e o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Tomé, presentaron este xoves as actuacións proxectadas nos terreos arredor dos que se articula a configuración circular do Campus de Lugo, un abano de intervencións que contemplan intervencións na rede de camiños existentes, a delimitación das hortas e dos espazos ocupados por invernadoiros de usos docentes e de I+D, a integración do anfiteatro, a posta en valor dos recursos hídricos e o correspondente tratamento destas augas.

As distintas liñas de actuación incluídas no proxecto ‘Revalgada’ para avanzar na revitalización e o conseguinte aproveitamento deste espazo por parte da comunidade universitaria e tamén da sociedade luguesa déronse a coñecer no marco dun acto no que tamén participaron a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel; a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez; o Xerente da USC, Javier Ferreira, e a deputada provincial delegada da área de Réxime Interior, Pilar García Porto.

Rede de camiños e hortas docentes

A revitalización da rede de camiños ou sendas peonís que descorren pola Valgada do Campus e a delimitación das hortas docentes con valados de pedra antóllanse accións acaídas para mellorar a conexión da trama urbana luguesa coa ribeira do Miño, que actúa como bordo natural da cidade, ademais de para avanzar na unidade paisaxística destes terreos.

No caso da rede de camiños e a fin de atender tamén os fluxos internos da propia comunidade universitaria o proxecto ‘Revalgada’ propón substituír as actuais sendas de formigón e lousa por itinerarios en xabre, de maior confort para o camiñante. Así, ademais das cinco vías principais, que tamén son as máis transitadas, tamén se habilitarán outros camiños secundarios.

As hortas docentes quedarán delimitadas con muros de mampostería. Os valados contarán con portas de acceso de madeira e o proxecto deixa aberta a posibilidade de habilitar pasos con escaleiras. O resto dos elementos de delimitación será a través de sebes de especies arbustivas autóctonas procedentes dos invernadoiros da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría.

Integración do anfiteatro

A integración do anfiteatro é outro dos cometidos nos que afonda este proxecto, que busca harmonizar a peza de formigón que ocupa o centro da valgada coa súa contorna. A proposta contempla retirar dúas filas das gradas inferiores, ademais da totalidade do escenario construído a unha cota maior.

Asemade, aproveitando a necesidade de restaurar os pavimentos tanto da explanada coma das gradas, transfórmanse varias filas das gradas do anfiteatro con parterres cun contido suficiente de materia orgánica, plantando especies árboreas (Cercis siliquastrum, Fagus sylvatica y Quercus robur) e arbustivas (Arbutus unedo y Lauris nobilis).

Tratamento de augas

Un dos obxectivos principais do proxecto é a xestión adecuada das augas, de forma que interectúe co usuario do espazo e se divulge a toda a sociedade o principio da sustentabilidade, ademais de recuperar a identidade da valgada

 

O reitor da USC e o presidente da Deputación de Lugo, no centro, xunto con outros responsables políticos e universitarios na Valgada do Campus de Lugo
O reitor da USC e o presidente da Deputación de Lugo, no centro, xunto con outros responsables políticos e universitarios na Valgada do Campus de Lugo
Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.10.2021.