Pasar al contenido principal

Tunas veteranas vinculadas a universidades do Camiño reúnense esta fin de semana en Compostela

III Encontros Troyanos
A xornada do sábado comezará ás 12.00 horas con diversas actuacións nos balcóns de edificios senlleiros da cidade histórica. FOTO: Pixabay
Nos Encontros Troyanos participarán a Tuna de Veteranos da Facultade de Medicina da USC, a Real Asociación de Antigos Tunos da Universidade de Salamanca, a Tuna Veterana da Universidade Portucalense e Troyanos de Compostela
Santiago de Compostela

Tunas veteranas vinculadas a universidades do Camiño de Santiago participan esta fin de semana nos III Encontros Troyanos en Compostela. Participarán a Tuna de Veteranos da Facultade de Medicina da USC, a Real Asociación de Antigos Tunos da Universidade de Salamanca (RATUS), a Tuna Veterana da Universidade Portucalense e Troyanos de Compostela (agrupación musical da Asociación Cultural – Musical de Antiguos Tunos Compostelanos e Amigos do Museo Casa de la Troya). O reitor da Universidade de Santiago recíbeos este venres no Colexio de San Xerome ás 17.00, onde Troyanos de Compostela realizan unha actuación dende os balcóns da Reitoría.

A xornada do sábado comezará ás 12.00 horas con diversas actuacións nos balcóns de edificios senlleiros da cidade histórica, cunha duración de entre 15 e 20 minutos cada unha: Museo das Peregrinacións, Casa do Cabildo e Fundación Granell. Ás 13:30 h tocarán desde os balcóns do Pazo de Raxoi, na praza do Obradoiro.

Xa pola tarde, ás 18.00 horas, celebrarase o concerto ‘Festival dos Camiños’ no Auditorio Abanca, cun aforo actual de 469 persoas debido ás restricións sanitarias. Nesta actuación interpretaranse cancións que forman parte dos repertorios destas tres cidades universitarias ligadas aos Camiños: Santiago, Salamanca e Porto. As entradas para o concerto xa poden adquirirse no Museo Casa de la Troya a un prezo de 5 € para butaca e a 3 € para o anfiteatro. O museo abre de xoves a martes (derradeiro día en que poderá visitarse esta temporada), en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, agás o sábado que só abre pola mañá.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.10.2021.