Pasar al contenido principal

BFlow pecha a súa rolda de capital semente coa incorporación de dous socios estratéxicos en biotecnoloxía

Esta rolda de investimento destinarase ao desenvolvemento e lanzamento de modelos específicos no mercado farmacéutico
Esta rolda de investimento destinarase ao desenvolvemento e lanzamento de modelos específicos no mercado farmacéutico
“Damos un gran impulso na estratexia de desenvolvemento de produto e comercialización a nivel internacional”, sinalan dende esta spin-off da USC sobre Zendal Health e Sémola Tech Ventures
Santiago de Compostela

A spin-off da USC e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), BFlow, dedicada ao desenvolvemento de dispositivos que representan o funcionamento dun órgano humano no laboratorio para a validación de fármacos na fase preclínica, acaba de concluír a súa ronda de capital semente —inversión temperá— coa incorporación de dous socios estratéxicos en biotecnoloxía: Zendal Health e Sémola Tech Ventures. A compañía, constituída en 2020, permite reducir o tempo e custo no desenvolvemento de fármacos e os estudos en animais. A súa tecnoloxía microfluídica permite tamén a detección de pequenas concentracións de substancias en tempo real, de gran valor para a industria 4.0 e o medioambiente.

BFlow comezou a súa actividade comercial a nivel estatal e a súa estratexia internacional, conscientes do valor que ten esta tecnoloxía para as grandes empresas farmacéuticas. Esta rolda de investimento destinarase ao desenvolvemento e lanzamento de modelos específicos no mercado farmacéutico.

“A incorporación da tecnoloxía  microfluídica ao descubrimento de fármacos supón un gran avance para os retos en saúde pública. En BFlow conxúgase o coñecemento científico complementario para ofrecer organ-on-a-chip específicos a partir da combinación de técnicas avanzadas de microfabricación e simulación de  fluídos para lograr a relevancia biolóxica e  fisióloxica”, sinala María Seoane, directora executiva da compañía. “Grazas á incorporación dos nosos novos investidores, damos un gran impulso na estratexia de desenvolvemento de produto e comercialización a nivel internacional, non só desde un punto de vista financeiro, senón tamén establecendo fortes lazos de colaboración cos nosos investidores, referentes no sector biotecnolóxico”, engadiu. BFlow baséase na investigación complementaria dos investigadores da USC Maite Flores, María Aymerich, Alberto P. Muñuzuri e Ezequiel Álvarez.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.12.2021.