Pasar al contenido principal

A USC súmase á competición de ideas DreamBig para proxectos no eido da mobilidade e da alimentación sustentables

A competición durará tres horas e desenvolverase en equipos de tres persoas. FOTO: imaginPlanet Challenge
A competición durará tres horas e desenvolverase en equipos de tres persoas. FOTO: imaginPlanet Challenge
Baixo o lema ‘Constrúe un equipo e salva o planeta’, o CEA acollerá o 23 de marzo esta iniciativa na que diversos equipos integrados por tres persoas competirán por participar no imaginPlanet Challenge e desenvolver a súa idea en Silicon Valley
Santiago de Compostela

‘Constrúe un equipo e salva o planeta’. Este é o lema baixo o que se desenvolve a competición de ideas DreamBig que o vindeiro 23 de marzo chegará ao Centro de Estudos Avanzados (CEA) da USC. Esta iniciativa persegue promover proxectos innovadores no eido da mobilidade e da alimentación sustentables. As persoas interesadas en participar poden rexistrase nesta ligazón.   

A competición durará tres horas e desenvolverase en equipos de tres persoas. Os e as participantes poden inscribirse de xeito individual, asignándoselle un equipo ao chegar á propia competición; ou formalizar o rexistro cun equipo xa previamente formado.

As mellores ideas seleccionadas polo xurado participarán no imaginPlanet Challenge, un evento que se levará a cabo en Barcelona con dez equipos finalistas que se disputarán unha viaxe a Silicon Valley (California) coa intención de transformar a súa idea en realidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.