Día Europeo das Linguas na Biblioteca de Filoloxía

A Biblioteca de Filoloxía organiza con motivo da celebración do Día Europeo das Linguas o vindeiro 26 de setembro unha mostra bibliográfica e un recital multilingüe de poesía. A exposición poderá visitarse ata o vindeiro 30 de setembro
Con motivo do Día Europeo das Linguas o 26 de setembro, a biblioteca de Filoloxía organiza unha pequena mostra de obras de poemas sobre a natureza nas distintas linguas que se estudian na Facultade e un pequeno recital multilingüe.
No recital poético, o día 26 a partir das 10.00 h, leranse poemas de escolla libre dunha extensión de 100-150 palabras por lingua. A idea é ler en voz alta un texto significativo para cada persoa e dálo a coñecer aos demais.
A exposición bibliográfica poderá visitarse ata o vindeiro 30 de setembro.