A FECYT, xunto con Elsevier, organizan unhas novas xornadas de formación online gratuitas e en español, durante o mes de novembro, dentro do II Ciclo de Formación Online da base de datos Scopus.
O II Ciclo de Formación Online da base de datos Scopus, organizado pola FECYT xunto con Elsevier, ten como obxectivo dar a coñecer as actualizacións, cambios e novidades desta base de datos, por medio de varias sesións gratuitas en español.
Para participar nas sesións é imprescindible rexistrarse cun correo electrónico institucional, xa que as inscricións realizadas con emails comerciais serán rexeitadas. As sesións serán gravadas e, ao día seguinte, poderá consultarse o vídeo da sesión, así como acceder ao material da formación.
Os obxectivos de aprendizaxe desta sesión son:
- Crear o teu usuario
- Realizar buscas e analizar a páxina de resultados e diversas metricas relacionadas cos artigos.
- Avaliar a calidade das revistas mediante métricas como CiteScore, SNIP e Scimago.
- Coñecer as páxinas de autores e institucións.
- Coñecer as fontes indexadas en Scopus
Podes inscribirte picando aquí.
As bases da convocatoria oficial de formación e as instrucións para obter o certificado atópanse nesta páxina da FECYT.