A FECYT, xunto con Elsevier, organizan unhas novas xornadas de formación online gratuitas e en español, durante o mes de novembro, dentro do II Ciclo de Formación Online da base de datos Scopus.
O II Ciclo de Formación Online da base de datos Scopus, organizado pola FECYT xunto con Elsevier, ten como obxectivo dar a coñecer as actualizacións, cambios e novidades desta base de datos, por medio de varias sesións gratuitas en español.
Para participar nas sesións é imprescindible rexistrarse cun correo electrónico institucional, xa que as inscricións realizadas con emails comerciais serán rexeitadas. As sesións serán gravadas e, ao día seguinte, poderá consultarse o vídeo da sesión, así como acceder ao material da formación.
Para esta sesión é necesario ter coñecementos previos de Scopus, xa que se revisará contido específico sobre métricas de revistas e como comparalas de xeito sinxelo. Explicaranse as métricas convencionais e a clasificación da cada fonte indizada por cuartís.
Podes inscribirte picando aquí.
As bases da convocatoria oficial de formación e as instrucións para obter o certificado atópanse nesta páxina da FECYT