El Correo Gallego
Carreira Popular organizada polo Correo Gallego

Trátase dun evento de longa tradición nesta cidade; dende o ano 1978 é unha cita ineludible co deporte. É un evento no que se paraliza Santiago de Compostela, con máis de 4.000 participantes e con numeroso público na praza do Obradoiro e por todas as rúas do percorrido.
As persoas interesadas en colaborar como voluntarias teñen que inscribirse no formulario do curso 2025/2026 do SEPIU e, ademais, enviar un correo-e a: carreira.pedestre [at] elcorreogallego.es (carreira[dot]pedestre[at]elcorreogallego[dot]es) antes do 15 de outubro de 2025.
Haberá a posibilidade de colaborar o día da proba entre as 8 da mañá e as 2 da tarde e/ou tamén en días previos.