Pasar al contenido principal

A USC continúa co seu compromiso social con 41 iniciativas concedidas na décima convocatoria de proxectos en Aprendizaxe‐Servizo

Unha sesión da ApS ‘Intervencións de Enfermaría en materia de saúde e conductas de risco no eido escolar’
Unha sesión da ApS ‘Intervencións de Enfermaría en materia de saúde e conductas de risco no eido escolar’
7 delas son novas, 23 en proceso de consolidación e 11 xa están consolidadas

A metodoloxía educativa ApS integra os procesos de aprendizaxe coa realización de tarefas de servizo á comunidade de maneira que, nun marco de reciprocidade, o estudantado traballa sobre as necesidades reais da contorna, o que lle permite mellorar o coñecemento nunha disciplina e ampliar a súa responsabilidade social.

Neste contexto, a Universidade de Santiago leva unha década traballando con esta metodoloxía e levouna a establecer unha convocatoria anual de recoñecemento de proxectos ApS que cada ano vai incrementando as súas propostas. Así, na última edición, a décima, concedéronse 41 proxectos, dos que 7 son novos, 23 están en proceso de consolidación e 11 son iniciativas xa consolidadas.

Entre as novas propostas figuran temáticas variadas como a historia en feminino, os soutos, a obra de Manuel María, roteiros inclusivos, prácticas culturais para a intervención socioeducativa, saúde pública nas redes sociais e formación en nutrición oncolóxica para a prevención.

Educación, inclusión, feminismo, saúde, sustentabilidade, dixitalización, xerontoloxía ou empregabilidade son algún dos temas xerais sobre os que pivotan os proxectos en validación aprobados nesta última convocatoria e que se suman aos xa consolidados de caracterización da paisaxe de zonas de produción agroecolóxica na comarca da Ulloa-Lugo, aprender cos deberes, voces do rural, cribado visual na contorna educativa para unha maior inclusión, InclueBOT, INTERDIXITAIS'26, EXCORAS, desenvolvemento local, PEINAS, OPTISERVISENIOR e atención optométrica a menos e nenas en risco de exclusión social.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.10.2025.