Pasar al contenido principal

Diagnose sobre corresponsabilidade na USC e propostas de novas masculinidades

06.11.2025 | 17.00h
Facultade de Formación do Profesorado
Facultade de Formación do Profesorado

A Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo acolle o 6 de novembro, ás 17.00 horas, a actividade formativa 'Diagnose sobre corresponsabilidade na USC e propostas de novas masculinidades'. 

Intervirán Rosa Muñiz Castro, que presentará os resultados do estudo sobre corresponsabilidade entre a comunidade estudantil da USC; e Jorge García Marín, que pronunciará a conferencia ‘Novas masculinidades, Coidados e Corresponsabilidade’. 

Actividade incluída no convenio de colaboración entre a Consellaría de Política Social e Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de actuacións en execución do Plan Corresponsables

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.10.2025.