Castelao e a arte na colección da Biblioteca Xeral
Castelao e a arte na colección da Biblioteca Xeral é o centro de interese co que a Biblioteca Xeral conmemora o Ano Castelao que se está a celebrar este 2025. Entre as obras que compoñen o centro de interese están as do propio Castelao Cousas da vida e Cincuenta homes por dez reás, que consta de 50 debuxos realizados coa mesma técnica das Cousas, cun pé descritivo de intención satírica, do personaxe debuxado.
Ademáis, inclúese o catálogo da exposición Castelao: A derradeira lección do mestre, e obras de outros autores que estudaron a obra artística de Castelao como Luis Seoane en Castelao artista e Siro López coa obra Castelao na arte europea.
O obxectivo do Ano Castelao 2025 é conmemorar a memoria e o legado de quen é considerado un dos fundadores da Galicia contemporánea, a súa cultura e o seu marco político.