A USC convoca axudas de mobilidade ao abeiro do Programa Erasmus+ KA131 dirixidas ao estudantado da USC matriculado nun programa de doutoramento e non beneficiario/a de contratos que inclúan axudas de mobilidade para realizar estadías durante o curso 2025-26 en universidades, centros de investigación, institucións ou empresas de calquera país do mundo, nun período de duración entre 5 días e un mes.
As bases reguladoras do programa contéñense no documento da convocatoria.
Enderezo electrónico de contacto: erasmus [at] usc.gal (erasmus[at]usc[dot]gal)
Período de solicitudes até 15 de decembro de 2025 ás 23.59 horas a través do Rexistro electrónico da USC.
As mobilidades terán que ter lugar entre o 2 de febreiro e o 31 de xullo de 2026. Poderá considerarse unha data de inicio anterior só se os prazos de resolución permiten a completa tramitación do procedemento.
Convocatoria
https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/136385/carga.htm (publicado 14/11/2025)
Resolucións derivadas da convocatoria
Oficina de Movilidad
- Pabellón de Estudiantes
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- international [at] usc.gal
Oficina de Movilidad
- Oficina de Movilidad. Lugo
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- international.lugo [at] usc.gal