Axudas de mobilidade internacional para persoal docente e investigador para impartir docencia en institucións socias da USC (recollidas no Anexo VI da convocatoria) en países extracomunitarios no marco do programa Erasmus+ KA171 durante o ano 2026.
A duración desta actividade será dun mínimo de 5 días de traballo e dun máximo de 2 meses, se ben só se financiarán 5 días de traballo e ata 2 días de viaxe, e require da impartición de mínimo 8 horas de clase á semana.
Email de contacto: erasmus.ka107 [at] usc.es (erasmus[dot]ka107[at]usc[dot]es)
Período de solicitudes do 18 de novembro de 2025 ao 15 de decembro de 2025 ás 23:59 horas a través do Rexistro Electrónico da USC.
Convocatoria
Taboleiro de anuncios - Sede electrónica (Publicada: 17/11/2025)