Pasar al contenido principal

O Ránking QS en materia de sustentabilidade sitúa a USC no chanzo 396 do mundo

A clasificación destaca o compromiso da USC coa sustentabilidade. FOTO: Santi Alvite
A clasificación destaca o compromiso da USC coa sustentabilidade. FOTO: Santi Alvite
A Universidade de Santiago de Compostela ocupa a posición 180 na listaxe de institucións académicas de Europa e o banzo número 15 na clasificación de universidades de España
Lugo, Santiago de Compostela

A clasificación de universidades que QS elabora logo de medir o seu compromiso cunha existencia máis sostible, avaliando tanto o impacto social como ambiental, sitúa a USC no chanzo 396 do mundo, na posición 180 de Europa e o banzo número 15 de España. Estes resultados supoñen unha mellora con respecto aos obtidos o ano pasado cando a USC se situaba 454 do mundo, 204 na contorna europea e 22 no ámbito do Estado. 

Ademais da información enviada polas propias institucións, a clasificación baséase en datos propios de QS obtidos a través de enquisas de reputación académica e empresarial, así como fontes públicas e terceiros como poden ser a ONU, a UNESCO ou o Banco Mundial. O 45% da puntuación obtida polas universidades refírese ao seu impacto medioambiental, outro 45% ao seu impacto social e o 10% restante á gobernanza. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.11.2025.