Pasar al contenido principal

‘Coida e Cóidate’, nova campaña para reflexionar sobre a corresponsabilidade e os coidados

Detalle do cartel
Detalle do cartel
Dirixida ao estudantado, faise eco dun estudo realizado este ano pola Oficina de Igualdade de Xénero
Lugo, Santiago de Compostela

Co obxectivo de promover a corresponsabilidade, o benestar e a igualdade entre o estudantado, a Oficina de Igualdade de Xénero da USC lanza a campaña Coida e Cóidate. Preténdese con ela que o estudantado reflexione e responda ás preguntas: como me estou coidando?, estou deixando que me coiden?, estou coidando tamén ás persoas coas que convivo?.

A iniciativa, incluída nas actuacións en execución do Plan Corresponsables, nace a partir dos resultados do Estudo sobre corresponsabilidade na comunidade estudantil, realizado no mes de maio do 2025, que permite identificar dinámicas de convivencia, distribución de tarefas e percepcións arredor dos coidados e do uso do tempo.

O estudo reflicte que moitas persoas compatibilizan estudos, traballo e vida doméstica, cun impacto directo no seu tempo de descanso, que as mulleres seguen asumindo unha porcentaxe maior dalgunhas tarefas condicionando o seu tempo libre e o seu ritmo de vida, e que a maioría detecta marxe de mellora na corresponsabilidade e mostra disposición ao cambio.

Coa campaña Coida e Cóidate, a USC impulsa accións de sensibilización, difusión de información e promoción de hábitos que favorecen unha convivencia máis igualitaria, ao tempo que reafirma o seu compromiso coa igualdade efectiva, coa corresponsabilidade e co benestar integral de toda a súa comunidade universitaria.

Campaña 'Coida e cóidate'
Campaña 'Coida e cóidate'
Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.11.2025.