Aberto ata o 9 de decembro o prazo para participar no XIII Concurso de postais de Nadal da Fundación USC
Dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2013 e 2022
Lugo,
Santiago de Compostela
O Concurso de postais de Nadal da Fundación USC bota a andar a súa décimo terceira edición. Poderán participar no certame, ata o 9 de decembro, todos aqueles nenos e nenas nados entre os anos 2013 e 2022 (ambos incluídos). A temática da postal debe unir Nadal e deporte e, no caso de levar texto (non é obrigatorio), deberá ser en galego.
O premio consistirá nunha praza no Verán CampUSC 2026, un vale de 100 euros para trocar por material deportivo e un suadoiro da USC. Así mesmo, a imaxe gañadora formará parte da tarxeta de Nadal que elaborará para este ano a Fundación USC e na que figurará o nome do gañador ou gañadora. O xurado poderá outorgar un accésit cuxo premio consistirá nun lote de libros e un suadoiro.